Quen somos
A comunidade de usuarios de augas de Amorín creouse no ano 1993 e ten como único fin o tratamento e distribución de auga potable a Amorín, nomeadamente ós lugares de Arrotea, Outeiro, Baceiro.
Dende a nosa constitución, con 120 usuarios/as e unhas pequenas instalacións, ata o día de hoxe con 240 usuarios/as, dous depósitos e unha moderna instalación fotovoltaica para alimentar as nosas bombas, pasaron moitas xuntas directivas e moitos veciños e veciñas que se implicaron na xestión diaria da mesma, pero tamén na colaboración continua que fixo desta comunidade o que hoxe é. A todas esas persoas o noso agradecemento no momento de escribir estas liñas.
O noso enderezo postal é en Outeiro 68A, 36791 Amorín, Tomiño, na provincia de Pontevedra. Se queres o enlace a ggogle maps para ter as indicacións de chega, preme no seguinte enlace:
Comentarios
Publicar un comentario